sábado, 30 de mayo de 2009

A vinganza é un prato que se sirve frío ( 2ª parte )


O Milladoiro, o equipo que logrou que o Val do Ulla fora incapaz de gañar a liga, foi o rival resultante no sorteo da Copa do Sar para os dezaseisavos de final do torneo.

O partido celebrado no Coto comezou con ocasións para o Val do Ulla debidas á defensa adiantada do Milladoiro. Tras marcar o primer gol, Manuel internouse tras unha xogada personal na área e tras deixar atrás ao porteiro, foi agarrado clarisimamente dentro da área cando estaba a piques de meter o 2º gol. A xogada, merecedora de penalti e expulsión para o infractor, non foi nin pitada ante a incredulidade dos xogadores locais, do entrenador e da afición.

Pouco despois, outra vez Manuel internouse de novo na área e tras un autopase que deixou atrás ao porteiro, foi derribado por este. Agora o arbitro si que señalou o punto de castigo e expulsou ao porteiro visitante. Puyol transformou o penalti poñendo o marcador 2-0. Despois de isto, chegouse ao descanso.

Tralo tempo de descanso, o Val do Ulla lograría o tercer gol rapidamente. Ao cabo duns minutos, Héctor lograría o 4-0 definitivo de cabeza. O partido rematou antes do tempo debido ao xogo totalmente antideportivo do equipo visitante.

A vinganza e un plato que se serve frío ( 1 ª parte )

O equipo dos cadetes, esta vez dirixido por Alfonso debido ao partido que Jorge tivera cos alevíns, gañoulle ao Cacheiras 5-1 no que pode ser considerado a revancha pola perda do título de Liga.

O partido comezou difícil debido á evidente superioridade física do centro do campo e da defensa do equipo visitante. A defensa adiantada do Cacheiras non lle deu bo resultado xa que Puyol lograría 4 goles ao collerlle ás costas. Na segunda parte chegaría o gol da honra do Cacheiras tras un rebote dentro da área ante o que Diego non puido facer nada.

Volta á competición

O equipo dos cadetes volveu a xogar un partido o día 3 de maio contra o Silleda nun partido que perdeu 3-2. Tras unha mala primeira parte, na que o equipo encaixou dous goles en sendos erros defensivos, un bo comezo de segunda parte serviu para achegarse a tan só un gol do equipo campión do grupo de entre outros o San Mamede ou o Cidade de Santiago ''B''. Ao pouco tempo de este gol chegaría o terceiro do Silleda alonxando de novo o empate. Ao cabo dun tempo, Puyol lograría o 3-2 que se mantería ata o final a pesar das sucesivas ocasións para un e outro equipo.