Alineación: Portería: Álvaro; Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: David; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Fernández; Puntas: Puyol e Sanjurjo.
O Val do Ulla foi un rodillo desde o minuto 1 ao 80 e encargouse de non deixar ao Dubra meterse no partido. Na primeira parte un marcador xusto sería un tres ou catro a cero por contra do 1-0 co que se chegou ao descanso.
O gol foi logrado por Puyol, éste viña de xogar un partido co Lobelle en fútbol sala pero non lle afectou para nada no seu rendemento. A xogada do gol comezou cunha arrancada de Sanjurjo co balón. Éste tropezou (literalmente) con Manuel, o cal levou o balón e meteu un pase polo medio da defensa a Puyol que, só diante do porteiro definiu cruzando o balón.
Foi o premio a moitas ocasións falladas antes e despois do gol, coma unha falta de Fernández que deu no traveseiro ou algún disparo de Sanjurjo que o porteiro do Dubra desviou.
No descanso, Jorge pediu seguir igual e non perder a concentración.
Esto foi o que fixeron os rapaces xa que non soltaron o pé do acelerador e volveron a facer disfrutar aos aficionados, esta vez máis facilmente debido a un forte vento a favor. Manuel tras unha xogada persoal un pouco embarullada conseguía poñer o segundo tras superar ao porteiro.
Non habería máis goles pero non sería pola falta de ambición dos cadetes. Sanjurjo intentouno mil e unha veces pero non o conseguiu e Puyol chutou alto tras un balón de ouro raso posto por Manuel desde a banda.
Ao final do partido, saúdo a afición coma sempre e satisfacción xeral entre os xogadores por ter tres puntos máis no peto que permiten soñar coa liga.
Agora quedan catro finais con estes nombres: Milladoiro, Bertamiráns, Furia e Pontecesures.
Despois do partido, houbo unha cea no hotel-restaurante América que prometo escribir sobre ela tan pronto como conisga as fotos.
Saúdos