lunes, 26 de enero de 2009

Yes, we can!

Ese lema que tanta sorte lles deu a outros coma Barack Obama ou a selección española de fútbol, parece ser o leif motive desta xeración de xogadores aos que o campionato da fase regular se lles nega desde infantís de primeiro ano.

Alineación: Portería: Álvaro; Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: David; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Fernández; Puntas: Puyol e Sanjurjo.

O pasado sábado, a pesar do horario intempestivo (18:45 h.) os cadetes demostraron que van a loitar ata o final para poder gañar este ano a liga. Esta demostración sufriuna a S.D. Dubra, xa que o partido foi un monólogo do Val do Ulla, exceptuando algún tímido achegamento pola súa parte. Unha proba disto é a intervención de Diego que saíu o campo á falta de 10 minutos en lugar de Álvaro, e non interveu no partido nin siquiera para sacar de porta.

O Val do Ulla foi un rodillo desde o minuto 1 ao 80 e encargouse de non deixar ao Dubra meterse no partido. Na primeira parte un marcador xusto sería un tres ou catro a cero por contra do 1-0 co que se chegou ao descanso.

O gol foi logrado por Puyol, éste viña de xogar un partido co Lobelle en fútbol sala pero non lle afectou para nada no seu rendemento. A xogada do gol comezou cunha arrancada de Sanjurjo co balón. Éste tropezou (literalmente) con Manuel, o cal levou o balón e meteu un pase polo medio da defensa a Puyol que, só diante do porteiro definiu cruzando o balón.

Foi o premio a moitas ocasións falladas antes e despois do gol, coma unha falta de Fernández que deu no traveseiro ou algún disparo de Sanjurjo que o porteiro do Dubra desviou.

No descanso, Jorge pediu seguir igual e non perder a concentración.

Esto foi o que fixeron os rapaces xa que non soltaron o pé do acelerador e volveron a facer disfrutar aos aficionados, esta vez máis facilmente debido a un forte vento a favor. Manuel tras unha xogada persoal un pouco embarullada conseguía poñer o segundo tras superar ao porteiro.

Non habería máis goles pero non sería pola falta de ambición dos cadetes. Sanjurjo intentouno mil e unha veces pero non o conseguiu e Puyol chutou alto tras un balón de ouro raso posto por Manuel desde a banda.

Ao final do partido, saúdo a afición coma sempre e satisfacción xeral entre os xogadores por ter tres puntos máis no peto que permiten soñar coa liga.

Agora quedan catro finais con estes nombres: Milladoiro, Bertamiráns, Furia e Pontecesures.

Despois do partido, houbo unha cea no hotel-restaurante América que prometo escribir sobre ela tan pronto como conisga as fotos.

Saúdos

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ai ke gañar a liga como sexa!!!!
yes we can!!!!!

Anónimo dijo...

SI,SI, SEN GANALA AINDA MONTASTES UNHA FESTA HASTA AS 3 DA MAÑAN, SE A GANADES NON SE VOS VE O PELO EN TRES MESE. LAMENTO NON HABER ESTADO CON VOS O SABADO, DE TODOS MODOS QUERO QUE SEPADES QUE E UN ORGULLO CONTAR CON XENTE COMO VOS NESTE PROXECTO, TANTO XOGADORES COMO PAIS.
YES WE CAN!! Y SI NO CAN, CONTESTOS IGUAL

Javi dijo...

Quedaches corto que foi ata casi as 4. E porque se acabou que se non estamos ahí hasta que nos boten.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

ASI QUE ATE AS CATRO DA MAÑA, QUE LASTIMA DE MUCHACHOS... UN SAUDO SODES A OS.IA.
A PROXIMA QUE SEXA MIXTA, CADETES E INFANTIS XUNTOS.