lunes, 16 de febrero de 2009

http://www.youtube.com/watch?v=rhCM88LhoW0

Knockin' on heaven's door

(Petando as portas do ceo). Esta canción de Bob Dylan que acadou a fama gracias a versión feita polo mítico grupo de hard rock americano formado por Axl Rose:''Guns n' roses'' é a que mellor define o momento actual do equipo dos cadetes.

A falta de dúas xornadas para o remate da liga o equipo é líder con 32 puntos por 31 puntos do Cacheiras.

Os cadetes volveron a demostrar que a presión non lles afecta senón que todo o contrario, que os motiva. Esta vez o rival era o Bertamiráns, que o día 30 de Novembro recibira un contundente 5-0 no Coto.

Esta vez o resultado aínda o foi máis, xa que os cadetes impuxéronse por 0-7. Esta foi a alineación:

Portería: Álvaro (volvendo ao equipo tras unha longa ausencia); Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: Fernández; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Sanjurjo; Puntas: Puyol e Otts.


O partido comezou co dominio do Val do Ulla pero o Bertamiráns tuvo algunha ocasión saíndo a contra. O Val do Ulla tivo varias ocasións de perigo gracias a centros dende ambas bandas pero os remates non chegaban ou perdíanse.

Hasta que Manuel nunha das súas típicas arrancadas deixou atrás a 3 defensas e só diante o porteiro definiu pola escuadra. Conseguía Manuel así seguir coa súa racha de ser o primeiro en marcar e xa leva 3 partidos seguidos.

A partir dese momento o partido só tivo un dominador e foi o Val do Ulla. O segundo gol chegou tras unha arrancada de Javi que ao entrar na área foi derribado claramente provocando así o primeiro penalti do partido. O encargado de transformalo foi Puyol que disparou a dereita do porteiro.

Aos poucos minutos, Puyol tras unha escapada foi agarrado desesperadamente por un defensor dentro da área polo que ao árbitro non lle quedou máis remedio que pitar a segunda pena máxima do partido. Novamente, Puyol sería o encargado de tirala. Fíxoo igual que no primeiro e con idénticos resultados.

O 4-0 sería logrado por Fernández tras unha xogada persoal.

Na segunda parte habería un cambio múltiple nas filas do Val do Ulla. Retirábanse: Codeso, Javi, Manuel, Pablo e Otts; e entraban: Dennis, David, Héctor, Cristian e Jordan.

Despois diso, Puyol lograría outro gol de penalti, esta vez por mans dentro da área, e Jordan lograría outro gol cos cadetes.

Cabe destacar que na segunda parte producíronse pequenas tanganas entre os xogadores dun e doutro equipo pero sempre provocadas polos do Bertamiráns. Éstes non deixaron de protestar en todo o partido e realizaron algunha entrada que non viña a conto.


É de pensar que o entrenador do Bertamiráns debería parar eso, pero en vez de facelo, el foi o primeiro en protestar e incitar aos seus xogadores a dar patadas. Así que xa se sabe, de onde non hai, pouco se pode sacar.

O último gol do Val do Ulla sería obra tamén de Jordan que lograba de vaselina o seu tercer gol cos cadetes en dous partidos.

O partido acabou e os xogadores foron ao centro do campo; primeiro, para saúdar aos xogadors do outro equipo e ao arbitro ;e segundo para darlle ás gracias a unha afición que as merece polo seu apoio

Yes, we can!

Saúdos



viernes, 13 de febrero de 2009

The final countdown...


(La cuenta atrás final) Esta mítica canción do grupo sueco de hard rock Europe define a recta final dunha tempada que pode ser un gran éxito ou quedar en nada.

O equipo a pesar das expectativas xeradas non perde a cabeza e segue a facer o seu traballo. Cumpleu así outra semana sumando os tres puntos. Esta vez foi ante o Furia Athletic polo contundente resultado de 5-1. A alineación presentada polos de Jorge Tojo foi:

Portería: Diego; Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: David; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Fernández; Puntas: Héctor e Puyol

O partido comezou co dominio do Val do Ulla pero faltaba o último pase que permitira lograr o gol. Sen pasar demasiados apuros en defensa, o gol acabou chegando a través dun balón que, Puyol veu a buscar ao centro do campo, éste xogou de cara a Juan que meteu un maxistral pase entre líneas para que, Manuel aproveitando a súa velocidad para gañarlle a espalda ao defensa rematara por entre as pernas do gardameta rival.

Este gol deulle tranquilidade ao Val do Ulla pero ao descanso foise co resultado de 1 a 0.

Na segunda parte entrou Jose Otts por Héctor. Ao pouco de comezar a segunda parte Manuel lograba o segundo gol, o que significaba o seu segundo partido consecutivo no que marcaba por partida doble.

O terceiro chegaría pola parte de Puyol tras unha xogada persoal que levaba intentando todo o partido a pesar das queixas dos seus compañeiros para que lles pasara o balón. Cabe destacar tamén que foi un golazo.

O cuarto e o quinto gol foron obra os dous de Otts que se aproveitou de un centro de Fernández e dun balón morto na área respectivamente para lograr os seus goles.

Esto deixa a clasificación así: ED Val do Ulla: 26 pts.; Cacheiras:25 pts.; Sd Dubra: 20 pts. a falta de tres partidos por disputarse.

Asi que tan só me queda decir gracias por seguir este blog e:

Yes, we can!

Saúdos