(Petando as portas do ceo). Esta canción de Bob Dylan que acadou a fama gracias a versión feita polo mítico grupo de hard rock americano formado por Axl Rose:''Guns n' roses'' é a que mellor define o momento actual do equipo dos cadetes.
A falta de dúas xornadas para o remate da liga o equipo é líder con 32 puntos por 31 puntos do Cacheiras.
Os cadetes volveron a demostrar que a presión non lles afecta senón que todo o contrario, que os motiva. Esta vez o rival era o Bertamiráns, que o día 30 de Novembro recibira un contundente 5-0 no Coto.
Esta vez o resultado aínda o foi máis, xa que os cadetes impuxéronse por 0-7. Esta foi a alineación:
Portería: Álvaro (volvendo ao equipo tras unha longa ausencia); Lateral dereito: Javi; Centrales: Codeso e Jacobo; Lateral esquerdo: Fernández; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Pablo e Juan; Interior esquerdo: Sanjurjo; Puntas: Puyol e Otts.
O partido comezou co dominio do Val do Ulla pero o Bertamiráns tuvo algunha ocasión saíndo a contra. O Val do Ulla tivo varias ocasións de perigo gracias a centros dende ambas bandas pero os remates non chegaban ou perdíanse.
Hasta que Manuel nunha das súas típicas arrancadas deixou atrás a 3 defensas e só diante o porteiro definiu pola escuadra. Conseguía Manuel así seguir coa súa racha de ser o primeiro en marcar e xa leva 3 partidos seguidos.
A partir dese momento o partido só tivo un dominador e foi o Val do Ulla. O segundo gol chegou tras unha arrancada de Javi que ao entrar na área foi derribado claramente provocando así o primeiro penalti do partido. O encargado de transformalo foi Puyol que disparou a dereita do porteiro.
Aos poucos minutos, Puyol tras unha escapada foi agarrado desesperadamente por un defensor dentro da área polo que ao árbitro non lle quedou máis remedio que pitar a segunda pena máxima do partido. Novamente, Puyol sería o encargado de tirala. Fíxoo igual que no primeiro e con idénticos resultados.
O 4-0 sería logrado por Fernández tras unha xogada persoal.
Na segunda parte habería un cambio múltiple nas filas do Val do Ulla. Retirábanse: Codeso, Javi, Manuel, Pablo e Otts; e entraban: Dennis, David, Héctor, Cristian e Jordan.
Despois diso, Puyol lograría outro gol de penalti, esta vez por mans dentro da área, e Jordan lograría outro gol cos cadetes.
Cabe destacar que na segunda parte producíronse pequenas tanganas entre os xogadores dun e doutro equipo pero sempre provocadas polos do Bertamiráns. Éstes non deixaron de protestar en todo o partido e realizaron algunha entrada que non viña a conto.
É de pensar que o entrenador do Bertamiráns debería parar eso, pero en vez de facelo, el foi o primeiro en protestar e incitar aos seus xogadores a dar patadas. Así que xa se sabe, de onde non hai, pouco se pode sacar.
O último gol do Val do Ulla sería obra tamén de Jordan que lograba de vaselina o seu tercer gol cos cadetes en dous partidos.
O partido acabou e os xogadores foron ao centro do campo; primeiro, para saúdar aos xogadors do outro equipo e ao arbitro ;e segundo para darlle ás gracias a unha afición que as merece polo seu apoio
Yes, we can!
Saúdos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
O FUTBOL QUE SE VE NON E DE VELEZA PLASTICA, PERO E DE CONTUNDENTE PRACTICIDADE.
SODES ENORMES, SO QUEDAN UN PAR DE PINCELADAS PARA REMATAR O DEBUXO.
xa so nos kedan 2 partidos!!!!
ainos k gañar como sexa!!!!!!!
viva o val do ulla!!!!!!!!!
temos 32 puntos
codeso gracias x corregirme siempre
sin ti este blog non seria o mesmo
xD
ANIMO RAPACES, xa estamos moi cerca!! Só felicitarvos pola gran temporada que levades e tamén agradecer o mister a súa gran labor!
YES, WE CAN!!!!
Publicar un comentario