A primeira victoria nesta edición do torneo chegou precisamente (valga a rebundancia) ante o Victoria de Santiago. Logrouse polo resultado de 1-3 nun partido con bo xogo do equipo de Vedra. A pesar da superioridade física máis que evidente do equipo rivadebida aos 2 anos de diferencia entre algúns xogadores de un e outro conxunto, os santiagueses tiveron que andar atrás do balón polo céspede de San Lázaro. Esta foi a alineación do Val do Ulla:
Portería: Furelos; Lateral dereito: Javi; Centrales: Tin e Rafa; Lateral esquerdo: Parada; Pivote defensivo: Quique; Interior dereito: Puyol; Mediapuntas: Pablo e Cris; Interior esquerdo: Jose Otts; Dianteiro centro: Jordan.
O partido comezou ca posesión de balón para o Val do Ulla e o Victoria tratando de conseguir algo a través de balóns largos. Puyol adiantaría ao Val do Ulla nun man a man frente ao porteiro local. Co resultado de 0-1 chegaríase ao descanso.
A segunda parte comezou ben para o Val do Ulla cun gol nada máis comezar de Cristian. Pouco despois o capitán de novo lograría o que semellaba o gol da tranquilidade. A pesar diso, nunha xogada estraña na que pareceu haber falta a Furelos, o Victoria lograría o gol da honra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario