miércoles, 21 de enero de 2009

EMPATE IN-EXTREMIS

22



Ese podería ser o titular dun partido que non defraudou a ninguén. O partido comezou as 11:00 da mañá no campo municipal de Cacheiras.Cerca dunhas 80 persoas achegáronse a ver este importante partido. Durante o quencemento algúns xogadores do Val do Ulla tiveron que cambiar o calzado debido as condicións do terreo de xogo.



A alineación presentada por parte do Val do Ulla foi:
Portería: Álvaro; Lateral dereito: Javi; Centrales: Jacobo e Codeso; Lateral esquerdo: Fernández; Interior dereito: Manuel; Mediapuntas: Juan e Pablo; Interior esquerdo: Otts; Puntas: Puyol e Sanjurjo.


Sabíase que ía ser un partido complicado desde o principio e notouse. As ocasións sucedíanse para un e outro equipo. Que se un tiro alto de Puyol, que se o mesmo de Juan, que se un centro de Cacheiras se envenenaba e daba no pao. A pesar do todo a primeira parte rematou co resultado de 0-0.




A segunda parte cambiu radicalmente a partir dun gol de Jordan (no seu primer partido esta tempada cos cadetes) ca nuca tras un rebote nunha falta sacada por Fernández. Aos poucos minutos un pase polo medio da defensa do Val do Ulla sería aproveitada en claro fora de xogo polo dianteiro do Cacheiras, Maikel para que, querendolle poñer un centro ao seu compañeiro, lle pegara mal ao balón e sorprendera a Álvaro por arriba empatando o partido. As protestas anteriores e posteriores non serviron para nada xa que o árbitro nun acto que non calou ben na retina nin dos xogadores nin dos aficionados dedicouse a ignorar aos xogadores e mirar para outro lado. As protestas tamén foron as causantes do gol xa que Javi, na súa carreira detrás do xogador do Cacheiras ergueu o brazo perdendo uns segundos que lle poideran facer chegar onde o dianteiro e evitar o gol.




Na seguinte xogada, con outro balón o espazo e nun error de Fernández, o dianteiro do Cacheiras plantouse só frente a Álvaro, que tan só puido mirar como o balón entraba na rede.




Nos minutos finais do partido, unha falta lateral colgada a área por Jacobo propiciaría o gol do empate do Val do Ulla. Puyol alcanzaría o balón ca súa perna esquerda para que, despois de dar no pao, o balón se colara dentro da portería do Cacheiras.




Este gol e moi importante xa que, significa que o equipo sigue dependendo de si mesmo para poder ser campión.




Por certo o fútbol dos cadetes volve ao Campo do Coto despois dun longo descanso o próximo sábado nun horario aínda non confirmado pero parece que será as 18:45.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

se non fora por javi ganabamos

Javi dijo...

o mellor...

Anónimo dijo...

somo la ostia!!!!!
vaia partidazo!!!!

administrador dijo...

GRACIAS A JAVI, POR ESTA FENOMENAL CRONICA.

Javi dijo...

De nada.A ver se podedes vir este sabado o partido contra o dubra.

Anónimo dijo...

no primeiro gol a falta sacouna sanjurjo