lunes, 30 de marzo de 2009

A esperanza é o último que se perde...

E perdeuse. As opcións de gañar a liga pasaban pola derrota do Cacheiras no seu campo frente ao Bertamiráns. Unha hipótese moi improbable. O Cacheiras cumpleu o seu cometido gañando sen apuros 7-0 ao Bertamiráns e certificando así o seu título de liga. Mentras os cadetes impúñanse 4-0 ao Pontecesures no Coto de Rivadulla. Agora queda a fase de ascenso na que se tratará de ascender a Primeira Autonómica.

Foi un partido cómodo para o Val do Ulla desde o comezo xa que eles comezaron cun home menos porque lles faltaba xente. Os primeiros minutos do partido foron aburridos e monótonos. Ata que, Juan tras un rebote mandou un zurdazo ao pao.

A partir de ahí, comezaron as oportunidades claras de gol. Nunha ocasión Puyol xogou de cára para Juan que lle meteu un pase entre líneas que o deixou só ante o porteiro e Puyol non perdoou.

Na segunda parte houbo varios cambios e Otts aproveitaría para marcar o segundo tras un centro desde a esquerda. Juan lograría o terceiro de cabeza tras un córner e Otts de novo lograría o cuarto.

A pesar dos ánimos dalgún pai dende a grada dicindo que o Cacheiras ía empatando, a realidade era, como sempre, máis dura, xa que ía gañando cómodamente por 5-0.

Así chegouse ao final do partido, tralo cal se saúdou a unha afición que o merece xa que sabe estar nos momentos bos e nos malos.

No hay comentarios: