lunes, 30 de marzo de 2009

Non puido ser...

O equipo sufriu un duro revés para as súas aspiracións a acadar o título de liga, xa que se perdeu co Milladoiro (1-0) mentres o Cacheiras lle gañaba ao Dubra (1-6).

O partido comezou ben con moitas ocasións para o Val do Ulla que foron todas desperdiciadas. A pesar das condicións do terreo de xogo, ( non e que estivera mal, pero non é o mesmo a herba artificial do Coto que a area do campo de Ventín) o Milladoiro non creaba peligro salvo unha ou dúas accións tras despistes defensivos.

Non se lle pode botar a culpa nin decir que interferira no resultado pero a arbitraxe deixou bastante que desear. Moitos fóras de xogo pitados ao Val do Ulla (especialmente a Puyol) non o foron.

Así chegouse a segunda metade. No descanso, as palabras do míster foron estas: ''Hai que seguir así e aproveitar as ocasións''.

Foi o contrario do que sucedeu. Perdeuse o control do xogo e nun contragolpe do Milladoiro, o capitán recibiu só en tres cuartos de campo e disparou. O balón fixo un estraño no aire (non eran precisamente os mellores) a consecuencia do vento e entrou irremediablemente sobre a portería de Álvaro.

Ahí rematou o partido. O equipo foi presa dos nervios e desquiciouse completamente. Houbo algunha ocasión de marcar, como na falta provocada polo porteiro do Milladoiro ao desviar o balón ca man cando Puyol íase só cára a portería baldeira. A acción non foi sancionada siquiera con cartón amarelo pero eso é o de menos.

Ao final, unha decepción maioritaria entre todos os presentes e un mal trago do que costará pasar páxina

No hay comentarios: